top of page

“Nowhere” é o título escollido por Clara Pino e Pablo Vidal para o seu primeiro CD conxunto. O disco consta de nove cancións orixinais con letras de Clara Pino, músicas compartidas polos dous e un elevado contido literario xa que inclúe nove textos escritos por Pino vencellados a cada unha das cancións do álbum.

Colaboran: Sabela Dacal (acordeón), Mila García (cello), Rafa Otero (guitarra) e Roi Adrio (percusións).

 

Fotos: Juan Luis Rúa

 

Clara Pino (arpa celta, voz) compaxina a súa labor como docente coa creación musical. Entre os seus traballos discográficos cabe destacar “Sete Saias”, “Loaira” e “Un dedo manchado de tinta”. Mencionar tamén o premio otorgado pola Consellería de Educación co proxecto “A música desde o silencio” que inclúe a creación do tema e videoclip “Contracorrente”, no que participa Pablo Vidal. Colabora nos proxectos de música infantil “A nena e o grilo nun barquiño”, “Pitusa Semifusa” e “Alegría”.

Pablo Vidal (contrabaixo, voz) conta cunha longa traxectoria musical que abrangue desde o jazz, o rock, á música orquestral e infantil, e múltiples colaboracións no panorama musical galego (Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Xoán Curiel, etc.), ademais de formar parte da banda Sons Miúdos. Entre os seus últimos traballos discográficos destacan “Tatán Chapeu”, “Jazz Pagano” (Pablo Vidal Trío), Os Resentidos & Lira Big Band, A DOCE VITA Sons de Cine, e “Nowhere”, xunto con Clara Pino.

 

NIRGENDWO Clara Pino & Pablo Vidal

Artikelnummer: 102016
15,00 € Standardpreis
10,00 €Sale-Preis
  • Musik-CD. 9 Lieder und 9 dazugehörige Texte.
    Karton-Digipack mit Fotos in höchster Qualität gedruckt.

    Interieurheft mit Fotos und Texten in höchster Qualität gedruckt.

    Fotografien von Juan Luis Rúa

bottom of page